lunes, 13 de marzo de 2017

NO DÍA INTERNACIIONAL DA MULLER





Este 8 de Marzo decidimos adicar o  " Día Internacional da Muller "  ás  " mulleres artistas ", pintoras e escultoras que ao longo da historia tamén deixaron a súa pegada na  Arte. Creadoras que, moitas veces foron silenciadas ou quedaron nun segundo plano con respecto ós seus compañeiros homes.

Esta quere ser unha pequena mostra dalgunhas das pintoras máis famosoas de todos os tempos: Artemisia Gentileschi,  Angélica Kauffmann, Mary Cassatt, Georgia O¨keeffe, Frida Kahlo , Lee Krassner ou Berthe  Morisot.









 Tampouco esquecemos  ás artistas galegasElvira Santiso, Maruja Mallo, Mª Antonia Dans, Concha Vázquez, Menchu Lamas , Carmen Rodríguez de Legísima, Xulia Minguillón..












Un caso moi especial é o da escultora francesa Camille  Claudel 
( 1864-1943 ), que forma parte do panteón de artistas cuxa xenialidade reamatou por converterse  en " loucura ". Puidera ser que Camille fose unha persoa inestable, pero hai serias dúbidas sobre a suposta loucura de quen foi unha das mellores escultoras do século XX . A súa, é a historia dun enfrontamento: dunha muller xenial e turbulenta contra todos aqueles que quixeron poñer atrancos ó seu indomable espírito.

Non se pode entender a traxectoria persoal e artística de Camille Claudel sen falar de Auguste Rodin, o recoñecido escultor francés de quen Camille foi durante 10 anos, alumna, modelo e amante, influíndo notablemente  en moitas das obras de seu mestre. Camille Claudel morreu en 1943 no manicomio de Montdevergues a idade de 79 anos. Despoi de máis de 30 anos de reclusión, aillada pola súa familia e na máis completa soedade.
Ela simboliza moi ben as dificultades que tuveron moitas mulleres para expresarse e traballar libremente, nas mesmas condicións nas que o facían seus compañeiros homes.












































































lunes, 19 de diciembre de 2016

UN CONTO DE NADAL

A porta do despacho de Scrooge estaba aberta para lle bota-lo ollo ó seu escribente que copiaba cartas máis alá, nunha celda pequena e lóbrega.  Scrooge tiña unha pequena cheminea, pero o lume do escribinte semellaba ter un só carbón. Non podía enchelo porque Scrooge gardaba a caixa do carbón  na súa sala, e en canto entrase cunha pá o xefe advertería de despedilo. Así que puxo a bufanda branca e tentou de se quentar coa vela; nembargantes fracasou no intento por pouco maxinador.

_ ¡  Bo Nadal, tío ! ¡ Deus te garde !- berrou unha voz animosa. Era a voz do sobriño de Scrooge que entrou tan rápido que este foi o primeiro aviso que tivo da súa chegada.
_¡ Bah ! _ dixo  Scrooge_ . Será parvo?.

O sobriño de Scrooge chegaba tan afervoado de camiñar de présa pola néboa e a xeada que rebrillaba , a cara rubia e belida, os ollos chispentos a bafo fumento .

- Parvada o Nadal, tío?. Non queres dicir iso, non si?.

- Si - dixo Scrooge -,  ¡ Bo  Nadal ... !  Que dereito tes a estar feliz?.  Ti es moi pobre..

- Pois logo- retrucou o sobriño- que dereito tes ti a estar triste?. Que razóns tes para ser un túzaro?. Ti es moi rico..

- Que outra cousa podo ser -respondeu Scrooge- vivindo en semellante mundo de babecos. ¡ Bo Nadal ...!. ¡ Déixate de bo nadal !. Que é para ti o Nadal máis ca un tempo de pagar contas sen te-los cartos, o tempo de atoparte un ano máis vello e ningunha hora máis rico , de facer balance e atopar que tódalas partidas que entran nos libros están contra ti?. Se poidese facer a miña vontade- seguiu dicindo Scrooge alporizado- tódolos parvos que van por aí co " Bo Nadal " nos beizos estarían cocidos na súa salsa e enterrados cunha estaca de aceiro cravada no corazón. ¡ Vaia que sí !.

Sobriño- retroucou con rixeza- festexa o Nadal ó teu xeito, e déixame a min facelo ó meu.

-  Hai moitas cousas que me puideron facer ben e que non aproveitei- respondeu o sobriño - entre elas o Nadal. Pero estou certo de ter pensado sempre no  Nadal, á parte da  veneración debida ó seu sagro nome e orixe, coma un tempo bo: amable, de perdón, caridade; un tempo agradable, o único tempo, que eu saiba, do longo calendario do ano, en que homes e mulleres parecen abrir libremente os seus corazóns e pensar nos demais coma se realmente fosen compañeiros de viaxe cara á eternidade e non outra raza de criaturas que van por outro camiño.
Pero, tío, ainda que o Nadal non me puxera unha raspa de ouro ou prata no bolso, coido que me ten feito ben. 
Así que , benia o Nadal !.


" Un  Conto  de Nadal  ".  Charles  Dickens. [ 1812-1870 ]. Edic. Xerais. Vigo, 1985 

   

miércoles, 1 de junio de 2016

MANUEL MARÍA, O CARBALLIÑO E O " CANTIGUEIRO DE ORCELLÓN "


Homenaxe  a Manuel María. Letras Galegas 2016
Abrín os meus ollos ben abertos,
limpei o sentimento
para ollar e sentir ó Carballiño,
anaco inseparable de mín mesmo,
fermosísima tribu de Galicia.
Todo vai dentro de mín
dende o Irixo a San Cibrán das Lás
e dende Punxín deica ó Paraño:
historia, traballos, tradiciós,
emigraciós, paisaxes, romerías
e a emocionada humanidade
desta xente aberta e xenerosa
que sabe ganar o tempo
bebendo pausadamente o seu viñiño,
falando cos amigos de vagar,
escoitando ó vento
ou andando por ahí ós biosbardos.
O meu corazón queda no Carballiño,
e sei que un día calqueira se fará
lene rumor do Arenteiro
ou un acio dourado, ben granado,
que no setembro
madura ó sol lentamente en Cabanelas.
 
 
             Manuel María.  " Cantigueiro  de Orcellón ". Edic. Avantar.  O Carballiño, 1984
 
Estes carteis, feitos polos alumnos-as de 1º de ESO, queren ser unha pequena   homenaxe  a Manuel María, poeta  a quen  se adicou esta derradeira edición das Letras Galegas.
 
Manuel María  tivo por razóns  de amizade , unha fonda relación co Carballiño, que se plasmou na publicación en 1984 do Cantigueiro de Orcellón: baixo o seudónimo Erenesto-Afonso Reque Varela, o poeta vai degrañando en  máis de trinta poemas, os lugares, as tradicións , e a cultura do " vello Carballiño ".
 
Xa son varios os anos que a " Sociedade Cultural Avantar ", coincidindo coas datas das Letras Galegas, mantén un roteiro polas rúas do Carballiño na que participan os centros educativos da vila e no que os rapaces e rapazas van recitando os poemas que Manuel María lle adicou , por exemplo, á Praza Maior, o Reloxio do Concello, á Veracruz, Balneario, río Arenteiro, etc..

jueves, 5 de mayo de 2016

Trabajando sobre Cervantes...

Continuamos reseñando aquí todas las actividades que durante las dos semanas anteriores  se realizaron en el IES Nº 1 con motivo del Día Internacional del Libro y la conmemoración del IV Centenario de la muerte de Cervantes.
Los alumnos-as de la asignatura que oferta el centro: " Comprensión lectora/ Expresión oral y escrita ",  también se sumaron a este pequeño homenaje a la figura de Cervantes y su personaje más universalmente conocido: D. Quijote. Siendo así, trabajaron sobre pequeños textos adaptados y muy reconocibles como : el episodio de los molinos, la ínsula de Barataria, etc..., realizando también, una serie de dibujos alusivos a los textos anteriormente mencionados. Con todo esto, hicimos una pequeña exposición de carteles

miércoles, 4 de mayo de 2016

De novo.. as Bibliotecas na rúa


O pasado mércores 27 de maio,  celebramos  na Praza Maior  do Carballiño a IV edición das Bibliotecas na Rúa. Acudiron como sempre moitos rapaces e rapazas dos dous institutos da vila: " IES Nº 1 " e " Chamoso Lamas ".
 
Este ano, aproveitando que o "  Día Internacional do Libro ", está adicado ó IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare, se fixeron  lecturas de poemas de Shakespeare en inglés .
 
 
 
De seguido se continuou cunha lectura ininterrompida  de " El Ingenioso Hidalgo D. Quijote de la Mancha " de  Miguel de Cervantes, na que participaron máis de cincuenta persoas  entre alumnos e profesores. A actividade tamén se complementou  coa participación dun dúo musical que acompañou as lecturas con música de fondo e as " clásicas " exposicións de libros de ambolosdous institutos.
Queremos agradecer tamén a colaboración desinteresada de todos os alumnos-as que acodiron á convocatoria da Praza Maior un ano máis.
 
 
 

martes, 3 de mayo de 2016

" El Ingenioso Hidalgo D. Quijote de la Mancha " no IES Nº 1


Conmemorando o  " Día  Internacional  do Libro", adicado  este ano  ó IV Centenario  da morte de Miguel de Cervantes e  William Shakespeare, fíxose no centro unha  exposición de distintos materiais sobre D. Quijote " aportados pola profesora Mercedes Taboada Oterino do Dpto. de Língua e Literatura  Castelá. Estes materiais son froito  da elaboración de distintos traballos que fixeron os alumnos ao longo de varios cursos, estando estructurados en distintas áreas :
.-  Exposición dunha serie de edicións especiais de " El Quijote ", na que sobresae unha edición artesanal en papel feito a man.
 
.-  As  Comidas  dos  Fidalgos.
Qué comían os fidalgos nos séculos XVI ou XVII ?. A Exposición aporta tamén unha serie de receitas de comidas que se nomean na universal obra de Cervantes: " Duelos y quebrantos ", " Sopas de ajo ", ou  tamén  as coñecidas " Gachas manchegas ".
 
 
.-  " El Quijote en comic ". Unha selección de comics feitas polos alumnos-as dende o curso 1994/95.
.-  " El Quijote en el cine ". Relación de debuxos e películas que versionaron esta gran  obra da literatura universal.
.-  " El Quijote en el arte ".  Conta cunha selección de debuxos  que os máis importantes artistas adicaron ao " cabaleiro da triste figura".
Dende  Goya a E. Hopper pasando por Delacroix, Cezanne, Picasso  ou Dalí.
 
E, para rematar, amosar dende aquí o noso agradecemento á profesora Mercedes Taboada Oterino por gardar e clasificar todos estes materiais ao longo de varios cursos e poñelos agora a disposición do centro nesta interesante exposición.


lunes, 1 de febrero de 2016

DÉMOSLLE UNHA OPORTUNIDADE Á PAZ


Un ano máis conmemoramos O Día Internacional da Paz.
Durante varios dias os alumnos-as de  1º de ESO traballaron sobre esta temática dende distintos puntos de vista. Aproveitando a asignatura que oferta o centro, se fixeron uns pequenos proxectos que logo se plasmaron nuns carteis  dos que vos deixamos aquí unha pequena mostra. Para empezar, buscaron información en Internet sobre personaxes senlleiras que se teñen siñificado pola defensa da Paz: Gandhi, John Lennon, Rosa Parks ou Nelson Mandela. Tamén se recortaron noticias nos xornais alusivas á paz. E, para rematar, se fixo unha mixtura de frases e poesías de autores moi coñecidos xunto coas poesías elaboradas polos propios alumnos.
Tamén temos unha mostra de libros na Biblioteca  - novelas fundamentalmente- que dun xeito ou outro tocan este tema.